A REDE

 

A Rede Galega de Concellos pala Sostibilidade é unha asociación voluntaria de Concellos, promovida conxuntamente pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructurase e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), que pretende impulsar o desenvolvemento efectivo dos plans de sostibilidade local (Axenda 21 Local).
Constitución da Rede
  
A Rede constituise formalmente o 21 de novembro de 2008, sendo Conselleiro de Medio Ambiente Manuel Vázquez, Director Xeral de Desenvolvemento Sostible Emilio Fernández e Presidente da FEGAMP Carlos A. Fernández.
  
Na asemblea xeral extraordinaria celebrada ese día, saíu elexida a actual presidenta da Rede e alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín.
 
Consulte a orde publicada no Diario Oficial de Galicia do 4 de xuño de 2008 pola que se crea a Rede Galega de Concellos pola Sostiblidade.

  

Os seus obxectivos estratéxicos son:
a) Facilitar a capacitación técnica e metodolóxica dos concellos nos procesos de integración da sostibilidade na xestión municipal a través de instrumentos como a Axenda 21 Local.
b) Dotar aos concellos de recursos compartidos que faciliten e optimicen o desenvolvemento destes plans de sostibilidade.
c) Fomentar a comunicación, cooperación e intercambio de información entre concellos e entre as distintas administracións, e incidir na integración da sostibilidade no desenvolvemento de políticas supra-municipais.
d) Elaborar e desenvolver proxectos conxuntos que faciliten a introducción de criterios de sostibilidade nos concellos.
e) Potenciar a educación na cultura da sostibilidade e promover a participación do conxunto da sociedade.
f) Fomentar a cooperación con outras redes que promovan a sostibilidade dende a escala local no ámbito estatal e internacional.
  

 
Federación Galega de Municipios e Provincias Xunta de Galicia - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras

© 2008 rede galega de concellos pola sostibilidade