A Rede Galega de Concellos pola Sostibilidade está constituída na actualidade por 58 concellos das 4 provincias galegas.
Figura. 1.- Mapa da distribución xeográfica dos concellos adheridos á Rede
Requisitos de adhesión a RGCS:
1. Ter iniciado o proceso de implantación da axenda 21 local no Concello.
2. Adherirse a Carta de Aalborg +10 comprometéndose a potenciar o desenvolvemento sostible do Concello mediante a participación cidadá e a implicación dos sectores económicos e sociais.
3. Compromiso de adhesión á "Red de Ciudades y Municipios por el clima".
4. Acordar no pleno municipal a adhesión á Rede e a inscrición no seu Rexistro e realizar unha declaración institucional do Alcalde a todos os cidadás onde se amose o compromiso municipal de implantación de políticas municipais encamiñadas a acadar a sostibilidade no concello.
5. Organizar unha comisión técnica de seguimento no Concello integrada por todas as concellerías implicadas nos procesos de sostibilidade (urbanismo, transporte, medio ambiente, participación, etc).
6. Designar un vocal e un suplente, elixidos polo pleno, que actuará como representante do concello na Asemblea Xeral da Rede.
7. Compromiso de organizar foros de debate e establecer canles estables de participación cidadá que impliquen á cidadanía.
Procedemento de adhesión:
As solicitudes irán dirixidas ao Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e deberán ser presentadas no modelo de solicitude normalizada ao efecto no anexo I da orde do 4 de xuño de 2008. Sen prexuízo no disposto no artigo 38.4° da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, as solicitudes de axuda poderán ser presentadas na Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente, nas delegacións provinciais ou nos servizos centrais. Xunto co modelo de solicitude deberá presentarse a documentación acreditativa de haber cumprido os requisitos detallados no artigo 2°.