Enquisa sobre a xestión municipal de residuos

28-10-2009

A crecente complexidade que está a acadar a xestión dos residuos, que nos últimos anos experimentou substanciais cambios en diversas áreas, e as incidencias xurdidas nos últimos tempos, en especial, coa problemática no tratamento de residuos voluminosos, evidenciou a necesidade da FEGAMP de coñecer en detalle as distintas realidades municipais nesta materia, para identificar as principais problemáticas e poder buscar as solucións idóneas, establecendo estratexias sólidas na defensa dos intereses municipais.

Con tal motivo, achegamos unha enquisa sobre distintos aspectos prácticos e actitudinais da xestión de residuos, que tamén poderás atopar en formato electrónico nas webs www.fegamp.org ou www.redesostible.net. O obxectivo final é a elaboración por parte da FEGAMP dun Modelo de Ordenanza na materia que puidera servir de ferramenta útil a tódolos concellos galegos e así facilitarlles a xestión técnica e económica do servizo.

Comentarios (0)

Non hai comentarios.

Nome:

Comentario:

Sistema de validación:

Sistema CAPTCHA - Inserte estes caracteres no seguinte recadro

Federación Galega de Municipios e Provincias Xunta de Galicia - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras

© 2008 rede galega de concellos pola sostibilidade