The International Conference on Renewable Energies and Power Quality (ICREPQ'12), will be organized by:
- European Association for the Development of Renewable Energy, Environment and Power Quality (EA4EPQ)
- University of Vigo.
- University of Santiago de Compostela
and it will be held in Galicia’s Conference and Exhibition Centre (Palacio de Congresos de Galicia), SPAIN, from 28 to 30 of March, 2012.
Máis información: http://www.icrepq.com/
06-02-2012 | 0 comentarios.
03-02-2012 | 0 comentarios.
REDES SOCIAIS E MEDIO AMBIENTE
http://www.catedraecoembes.es/site/actividades/2011/2011_seminario_redes_sociales.html
Contido: A utilización das redes sociais en Comunicación é un feito indubidable, habitual e necesario en todos os ámbitos. O bo ou mal uso destas pode afectar de xeito decisivo á mensaxe que se desexa transmitir, o que fai necesario coñecer os mecanismos de funcionamento destas ferramentas, o seu alcance e as súas posibilidades. O obxectivo deste seminario é analizar o uso e o potencial das redes sociais no campo ambiental. Os modelos de utilización a nivel particular e institucional teñen unhas connotacións éticas que se deben coidar para poder cumprir correctamente cos obxectivos de comunicación.
Lugar: Escuela Técnica Superior de Ingenieros de Montes de Madrid.
Organizador: Cátedra ECOEMBES.Data de inscrición: Precios reducidos : antes do 31 de xaneiro de 2012.
Data de inicio: 27/03/2012
Data de fin: 27/03/2012
30-01-2012 | 0 comentarios.
III CONGRESO NACIONAL DE DESENVOLVEMENTO RURAL: COOPERAR PARA COMPETIR http://www.coiaanpv.org/es/menu-principal/congresos-y-jornadas/congresos/iii-congreso-nacional-de-desarrollo-rural-cooperar-para-competir/id/889
Contido: - Cooperar para mellorar a competitividade dos territorios rurais. Presente e futuro da metodoloxía LEADER. - Cooperar para lograr unha cadea alimentaria máis eficiente e xusta. - Cooperar para prosperar no mercado alimentario global. - Grandes multinacionais e pequenas empresas e explotacións locais: Cooperando en beneficio mutuo e da sociedade? - Cooperar para resolver conflitos e lograr o uso eficiente da auga en ámbitos de aridez. - Cooperar para que a investigación se traduza en innovación.
Lugar: Feria Zaragoza.
Organizador: Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Aragón, Navarra e País Vasco.
Data de inscrición: Prezo reducido antes do 31 de xaneiro de 2012.
Data de inicio: 15/02/2012
Data de fin: 17/02/2012
30-01-2012 | 0 comentarios.
AQUA’12, VIII CONFERENCIA SOBRE XESTIÓN DA AUGA
Contido: O programa de AQUA'12 céntrase nas estratexias e prácticas de xestión, os instrumentos políticos e económicos e os recursos para a xestión público-privada da auga e para o financiamento das súas infraestruturas e servizos, no marco das esixencias comunitarias e dos obxectivos das políticas e plans para este recurso. O seu obxectivo é ser o gran punto de encontro dos axentes privados relacionados coa xestión da auga e das Administracións Públicas con competencias na administración do recurso; así como revalidarse como o foro anual de referencia sobre as estratexias, as boas prácticas, os instrumentos e os medios para a xestión público-privada da auga e das súas infraestruturas e servizos.
Lugar: Hotel Puerta del Camino, Santiago de Compostela (A Coruña).
Organizador: Global Meeting. Promove: Xunta de Galicia.
Data de inscrición: antes do 15 de febreiro.
Data de inicio: 22/02/2012
Data de fin: 23/02/2012
17-01-2012 | 0 comentarios.
IX CERTAME DE FOTOGRAFÍA AMBIENTAL DO CONCELLO DE ARTEIXO
Contido: Esta exposición recolle varias das fotografías galardonadas e participantes neste certame na súa IX edición, correspondente ao ano 2011.
Lugar: Castelo de Santa Cruz , Liáns-Oleiros.
Organizador: Concello de Arteixo.
Data de inscrición:
Data de inicio: 10/01/2012
Data de fin: 25/02/2012
17-01-2012 | 0 comentarios.
2012 ANO INTERNACIONAL DA ENERXÍA SOSTIBLE
http://www.sustainableenergyforall.org/
Contido: A resolución da Asemblea Xeral de Nacións Unidas que designa 2012 como o Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos insta aos Estados membros e outros actores para "aproveitar o ano para aumentar a conciencia sobre a importancia de abordar as cuestións de enerxía, incluídos os servizos modernos de enerxía para todos, o acceso a unha enerxía alcanzable, a eficiencia enerxética e a sostibilidade das fontes de enerxía e o uso e promover a acción a nivel local, nacional, rexional e internacional ." Se está interesado en organizar un evento, ou consultar os eventos e actividades programados pode visitar a páxina da organización.
Lugar: Internacional.
Organizador: Fundación pro Nacions Unidas.
Data de inscrición:
Data de inicio: 01/01/2012
Data de fin: 31/12/2012
17-01-2012 | 0 comentarios.
+ INFO: http://congrescomunicacioambiental.cat/
Contido: As temáticas deste congreso son as novas tecnoloxías e as redes sociais aplicadas á comunicación ambiental, centradas nos traballos de difusión da mensaxe ambiental e nas experiencias innovadoras postas en marcha polos participantes.
Lugar: Girona.
Organizador: Centre per a la Sostenibilitat Territorial, el Departament de Territori i Sostenibilitat de la Generalitat de Catalunya.
Data de inscrición: Descontos na inscrición ata 31/12/2011
Data de inicio: 24/02/2012
Data de fin: 25/02/2012
27-12-2011 | 0 comentarios.
+ INFO: http://www.ismedioambiente.com/programas-formativos/especialista-en-gestion-de-residuos
Contido: - Asimilación do marco legal e das diferentes competencias en materia de xestión de residuos e mercancías perigosas e identificación de requisitos legais sobre solos contaminados. - Análise da problemática existente en relación á produción de residuos e coñecemento das distintas tipoloxías de residuos. - Coñecemento do procedemento para a correcta xestión dos residuos industriais e dominio das últimas técnicas de tratamento e eliminación deste tipo de residuos. - Optimización da xestión de residuos industriais, mediante o uso de técnicas de minimización de xeración de residuos. - Exposición das técnicas de xestión operativa a desenvolver en materia de contenerización de residuos e coñecemento das últimas técnicas de tratamento e eliminación de residuos urbanos. - Comprender a importancia dos requisitos documentais e a súa integración nos rexistros do sistema de xestión da empresa e coñecer as competencias do Conselleiro de Seguridade para o Transporte de Mercancías Perigosas e o seu papel na empresa. Lugar: On line.
Organizador: ISM.
Data de inscrición: Non especifica data. info@ismedioambiente.com
Data de inicio: 16/01/2012
Data de fin: 27/06/2012
21-12-2011 | 0 comentarios.
+ info: http://climantica.org/climanticaFront/gl/entry/20111210
Contido: Este curso deseñouse pensando en abordar proxectos interdisciplinares centrados no currículo de coñecemento do medio de Primaria e no ámbito de Ciencia-Tecnoloxía-Sociedade de ESO. Para conseguilo, estruturouse o curso nunha parte presencial e noutra a distancia, con metodoloxías diferentes, pero complementarias.
Contidos: O cambio climático. Xestión do territorio, do urbanismo, dos recursos e da enerxía para adaptación ao cambio climático no videoxogo CLMNTK. Boas prácticas na alimentación. Hábitos de mobilidade saudable. Consumo responsable. Evidencias, causas, consecuencias e solucións do cambio climático. Fundamentos de meteoroloxía escolar.
Lugar: CFP Politécnico de Santiago, Santiago de Compostela.
Organizador: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Data de inscrición: O prazo para a inscrición remata o día 20 de decembro.Data de inicio: 11/01/2012Data de fin: 24/01/2012
16-12-2011 | 0 comentarios.
© 2008 rede galega de concellos pola sostibilidade