A Axenda 21 é un novo sistema de xestión municipal. É un programa que analiza e propón políticas en multitude de áreas que afectan ó desenvolvemento económico e ó medioambiente. Estas medidas van desde a loita contra a pobreza e a necesaria evolución dos hábitos de consumo, ata a necesidade de potenciar a participación cidadá e o fortalecemento das organizacións non gubernamentais.
A FEGAMP está a traballar na realización do proxecto Axenda 21 PLUS. Non se trata de definir un novo modelo de Axenda 21, existen moitos e moi variados, senon que o que se pretende é adaptar unha ferramenta deseñada para grandes corporacións á realidade socioeconómica de Galicia e abrir ós medianos e pequenos municipios as posibilidades de desenvolvemento sostible.
A Axenda 21 poderíase dividir en dúas fases interrelacionadas en todo momento: A Auditoria Medioambiental e o Plan de Participación Social.
A nivel internacional
O concepto de Axenda Local foi formulado e proposto polo Consello Internacional para Iniciativas Ambientais Locais (ICLEI), en 1991, como unha estrutura de traballo que axudase aos gobernos locais a tomar partido na implementación das decisións ás que se chegou na Conferencia das Nacións Unidas sobre Medioambiente e desenvolvemento. Xunto con outras organizacións, o ICLEI defendeu o concepto de Axenda Local durante a fase preparatoria da Conferencia, e os seus esforzos levaron á integración do concepto de Axenda 21, aprobada en 1992, en Río de Xaneiro.
A nivel europeo
A UE quixo destacar tamén a importancia dos municipios na protección do medio ambiente coa Carta de Aalborg, aprobada na Conferencia europea sobre cidades sostibles celebrada en Aalborg, Dinamarca en maio de 1994. A firma desta carta supón a adquisición dos seguintes compromisos:
A Axenda 21 poderíase dividir en dúas fases interrelacionadas en todo momento: A Auditoria Medioambiental e o Plan de Participación Social.
É importante que a noción de proceso continuo esté sempre presente ao falarmos da Axenda 21, que non debe entenderse coma un único acontecemento, documento ou actividade.
Como o movemento cara á sostenibilidade é un proceso longo, o compromiso terá que ser creado e renovado. Así, as informacións deberán ser amplamente divulgadas por todos os medios posibles, para manter ás persoas informadas sobre o proceso, de novas maneiras de proceder, ou doutros problemas.
A Axenda 21 é un sistema que se pode amoldar ás características de calquera municipio, sexa grande ou pequeno. Tamén hai que dicir que a velocidade de implantación se pode facer aos poucos.
A sensibilización considérase unha das partes máis difíciles do traballo, xa que presupón unha revolución na forma tradicional de tomar decisións. Cambiar a relación entre a comunidade e as autoridades é unha tarefa complexa e longa. As persoas precisan ser convencidas da importancia da contribución individual na solución dos problemas globais e de que a súa participación será tida en conta, garantindo algún control sobre o seu futuro.
As Entidades Locais constrúen, operan e manteñen a infraestrutura económica, social e ambiental en todo o país. Como forma de goberno máis próxima ó pobo, desempeñan un papel esencial na educación, mobilidade e resposta do público, a favor dun desenvolvemento sostible. Coa Axenda 21, a autoridade local debe iniciar un diálogo cos seus cidadáns, organizacións e empresas privadas, obtendo así a información necesaria para formular as mellores estratexias.
É preciso fomentar a posta en marcha de experiencias innovadoras en política ambiental que contribúan a incrementar a calidade de vida e a eficacia dos gobernos locais, así como constituir redes de cidades que faciliten o intercambio de boas prácticas. Para contribuir a involucrar aos cidadáns na toma de decisións será primordial favorecer o acceso dos mesmos á información en materia de medio ambiente. Desta forma, convertiremos este dereito nun instrumento esencial para a transparencia do goberno local e recuperarase a cidade como un proxecto común de todos os ciudadáns.
O documento final deberá referirse a unha estratexia local para o desenvolvemento sostible e:
A sostenibilidade local inclúe moitos e diversos temas nos que se pode actuar. Por exemplo, unha preocupación pola sostenibilidade pode requerir cambios nos medios de transporte, na utilización do chán e á sua interacción; consideración de custos e beneficios a longo e curto prazo; innovación no uso e disposición de recursos e enerxía. Moitas actividades municipais cotiás teñen impactos a longo prazo. Isto significa que tódalas áreas do Concello poderíanse implicar en esforzos cara a sostenibilidade.
As seguintes son unha indicación das moitas diversas responsabilidades municipais implicadas: o plan de acción pasa por cambiar a relación entre as áreas; o departamento de compras poderíase asegurar de que as políticas de compras especifiquen o contido sobre o reciclado posterior dos productos, reducción ao mínimo do lixo e a eficiencia enerxética.
A xestión administrativa podería revisar os seus hábitos de mantemento de infraestructuras, e innovar no uso de materiales que conteñan materiais reciclados.
As empresas privadas poderían apostar por negocios medioambientalmente respetuosos . Por último, o concello de cidade pode incorporar obxectivos e metas medioambientais nas súas actuacións e políticas.
É verdade que moitos Concellos funcionan xa con principios, procesos e prácticas sostibles. Certos elementos que se consideran innovadores nunha rexión son habituales noutra parte. Sen embargo, integrar unha preocupación pola sostenibilidade da comunidade económico-ambiental cambiará algúns xeitos das actividades do goberno local. A sostenibilidade recoñece que a nosa economía é un subsistema particular do ecosistema. Como tal, é dependente no ambiente, como fonte para as entradas (materias primas) e como vertedeiro para as saídas (lixo). Isto significa que a sostenibilidade require da coordinación crecente de políticas as actuacións, da amplia implicación das partes interesadas, e o máis importante, dunha preocupación polos impactos a longo prazo das nosas actuacións. Non debemos esquecer tampouco que para que a axenda 21 exista é esencial a participación cidadá.
Os esforzos sostibles están a ocorrer internacionalmente e en todos os niveis do goberno. Todos deben participar xunto cos Concellos: Os veciños, as asociacións, a industria e outros grupos.
As razóns son varias, pero entre elas acostuman estar as que se mencionan a continuación:
© 2008 rede galega de concellos pola sostibilidade