FORMACION

 

 

 

  

MASTER EN XESTIÓN AMBIENTAL, AUDITORÍAS E XESTIÓN PÚBLICA LOCAL DO MEDIO AMBIENTE SIG E TELEDETECCIÓN.

Contacto: camara@camaraourense.com

Contido: Neste novo milenio, o coñecemento dos problemas ambientais vinculados ao desenvolvemento converteuse nunha necesidade de todos os sectores da sociedade civil así como dos empresarios e dos gobernos para afrontar, entre outros, os retos da globalización e os problemas ambientais asociados, tales como o cambio climático e a perda de biodiversidade. Actualmente estamos embarcados na transición cara a unha sociedade post-industrial e por iso, para poder implementar os principios do desenvolvemento sostible, é mester contar con institucións renovadas que suxiran políticas, indicadores, ferramentas, e en xeral, instrumentos tanto xurídicos coma económicos para lograr unha xestión ambiental harmónica cos procesos de desenvolvemento económico e social nun contexto global, nacional e local. As clases impartiranse de Xaneiro 2012 a Xaneiro 2013 (120 horas).

Lugar: Cámara de Comercio de Ourense. Avda Habana 30 bis – 32003 Ourense. Tel.: 988 233 116

Organizador: Cámara de Comercio de Ourense

  

CURSO DE TRAMITACIÓN ADMINISTRATIVA DA AVALIACIÓN AMBIENTAL

 Desenvolverase entre outubro e novembro de 2011, en modalidade semipresencial. Máis información aquí.

 

  

SEMINARIO “INTRODUCIÓN Á EDUCACIÓN AO DESENVOLVEMENTO"

Contido: O seminario, que terá oito horas de duración máis dúas de mesa redonda, brindaralle ao persoal voluntario das ONG’s galegas, a posibilidade de formarse en temas relacionados cos distintos aspectos da educación ao desenvolvemento, como as súas dimensións, os ámbitos de actuación e tipoloxía de accións, así como os instrumentos financeiros específicos para o desenvolvemento de proxectos nesta área.

Lugar: Salón de actos do CEIDA (Castelo de Santa Cruz, Oleiros).

Organizador: ONG Viraventos.

Data de inscrición: O prazo de inscrición está aberto ata o 29 de setembro.

Data de inicio: 30/09/2011

Data de fin: 01/10/2011

+INFO: http://www.ceida.org/files/DipticoFortalecemento.pdf

  

  

CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NOS SERVIZOS DE XESTIÓN DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS E PUNTOS LIMPOS

 Contido: Destinatarios: Persoal ó servizo das entidades locais con responsabilidades na xestión medioambiental e no tratamento de residuos sólidos urbanos. Persoal da Administración local que realice labores relacionados co coidado e protección do medio ambiente, así como co tratamento de residuos sólidos urbanos. Proporcionarlles ós participantes as nocións básicas sobre toda a normativa legal aplicable en materia de prevención de riscos laborais e, de maneira especial, sobre a que se refire a seguridade e a saúde nos servizos de xestión de residuos sólidos urbanos.

Lugar: Centro Cultural Deputación Ourense (Progreso, 30, 2º. Ourense).

Organizador: Deputación de Ourense.

Data de inscrición: Rematará sete días naturais antes do inicio do curso.

Data de inicio: 03/10/2011

Data de fin: 24/10/2011

+INFO: https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=209&fecha=20110915

 

  

  

CURSO DE TÉCNICO DE AMBIENTE

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110906/AnuncioO150-050911-6065_gl.pdf

Contido: – Sesión inaugural (4 horas). – Módulo I: Introdución xeral, marco institucional, aspectos económicos e técnicos (12 horas). – Módulo II: Ferramentas de xestión ambiental (12 horas). – Módulo III: Calidade do aire, modelo enerxético sustentable e loita contra o cambio climático (10 horas). – Módulo IV: Xestión das augas (10 horas). – Módulo V: Xestión dos residuos e solos (18 horas). – Módulo VI: Xestión do medio natural e medio construído (16 horas). – Módulo VII: Visitas prácticas (20 horas). O 60 por cento das prazas (30) ten como destinatarios os empregados/ás públicos/ás. O rseto das prazas (20) os profesionais que dispoñan do título de doutorado, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.

Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

Organizador: EGAP.

Data de inscrición: 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

Data de inicio: 03/10/2011

Data de fin: 20/12/2011

 

Federación Galega de Municipios e Provincias Xunta de Galicia - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras

© 2008 rede galega de concellos pola sostibilidade