AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA (AAE)

 

 

A Avaliación Estratéxica da Sostibilidade preséntase como resposta á necesidade de incorporar nos plans e programas elaborados dende a Administración Pública un elemento de análise e valoración dos posibles sobre o entorno.

 

Fundamentada na Directiva 2001/42/CE relativa a avaliación dos efectos que determinados plans e programas teñen sobre o entorno, a Lei 9/2006 sobre avaliación dos efectos que determinados plans e programas teñen sobre o medio ambiente determina o procedemento para a Avaliación Ambiental Estratéxica como un instrumento de prevención que permite validar estratexicamente os procesos de elaboración e decisión de plans e programas dende a súa fase inicial, cando tódalas alternativas son aínda posibles, e prestándolle unha especial atención á participación pública e ás consultas con autoridades e organizacións representativas en cada campo de actuación.
Federación Galega de Municipios e Provincias Xunta de Galicia - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras

© 2008 rede galega de concellos pola sostibilidade