16-05-2012 | 0 comentarios.
ORDE DO 10 DE ABRIL DE 2012 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS ÁS PEMES PARA O FINANCIAMENTO DE ACTUACIÓNS DESTINADAS Á PREVENCIÓN, PROTECCIÓN, MELLORA E COÑECEMENTO AMBIENTAL, COFINANCIADAS POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL, NO MARCO DO PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALICIA 2007-2013, AO TEMPO QUE SE FAI PÚBLICA A SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2012.
DOG, MÉRCORES, 2 DE MAIO DO 2012, Nº 83, PÁX. 15855
Destinatarios: Con carácter xeral, poderán ser beneficiarios das subvencións que se regulan na presente orde as pequenas e medianas empresas (pemes) que, cumprindo o establecido neste artigo, teñan o seu domicilio social ou algún dos seus centros no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e sexa neste mesmo ámbito territorial no que desenvolvan ou materialicen o proxecto ou actuación obxecto da subvención.
Obxecto: Esta orde ten por obxecto regular a concesión, polo procedemento de concorrencia competitiva, e facer publica para o ano 2012 a convocatoria de subvencións para o financiamento de actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental.
Convoca: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Xunta de Galicia.
Prazo: Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG.
03-05-2012 | 0 comentarios.
RESOLUCIÓN DO 19 DE ABRIL DE 2012, DE PARQUES NACIONAIS, POLA QUE SE CONVOCA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DE PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA NA REDE DE PARQUES NACIONAIS PARA O ANO 2012.
BOE, MÉRCORES, 25 DE ABRIL DO 2012, Nº 99, PÁX. 31799
Destinatarios: Centros públicos de I+D+i, as universidades públicas, os organismos públicos de investigación recoñecidos como tales pola Lei 13/1986, do 14 de abril, de Fomento e Coordinación Xeral da Investigación Científica e Técnica, os centros de I+D+i con personalidade xurídica propia e diferenciada vinculados ou dependentes da Administración Xeral do Estado, e os centros de I+D+i vinculados ou dependentes de administracións públicas territoriais, independentemente da súa personalidade xurídica, así como as entidades públicas con capacidade e actividade demostrada en accións de I+D+i, incluídos os centros tecnolóxicos cuxa propiedade e xestión sexan maioritariamente das Administracións Públicas.
Obxecto: Subvencións para a realización de proxectos de investigación científica no marco do Plan Nacional I+D+i para o ano 2012.
Convoca: Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
Prazo: Finalizará o día 21 de maio ás 15:00 horas (peninsular).
26-04-2012 | 0 comentarios.
+ Info: http://www.proxectorios.org/index.php?option=com_content&task=view&id=271&Itemid=29
Contido: Adicarase un espazo do curso a amosar como poder introducir os resultados das inspeccións a través da aplicación informática SIXTEMA. Entrega do material do Proxecto Ríos aos novos grupos participantes. Conferencia de Martiño Cabana sobre os anfibios e réptiles dos ríos galegos. A sesión de tarde adicarase ao recoñecemento dos macroinvertebrados.
Lugar: Estación de Hidrobioloxía de Encoro do Con. Vilagarcía de Arousa.
Organizador: Proxecto Ríos.
Data de inscrición: Non se especifica. É preciso inscribirse, por teléfono: 981570099 ou por mail.
Data de inicio: 05/05/2012Data de fin: 05/05/2012
26-04-2012 | 0 comentarios.
L Congreso de Saúde Ambiental, organizado en colaboración coa Sociedade Española de Sanidade Ambiental (SESA), a Xunta de Galicia e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT) ·
Este congreso, que terá lugar na segunda semana de maio, será o evento ambiental máis importante na historia de Galicia, o que converterá á Comunidade nun referente ambiental a nivel internacional e no punto de encontro de ambientalistas e sanitarios, entre os que cómpre destacar a presenza de expertos de recoñecido prestixio e profesores invitados de alto nivel.
Datas: entre o 8 e o 11 de maio de 2012
Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela
Cota de inscrición: 100 euros (50% para antigos alumnos dos Cursos de Saúde Ambiental, empregados públicos, membros de sociedades científicas e asociacións sen ánimo lucro e técnicos e xestores de entidades e empresas, colaboradores desta iniciativa) e 100 bolsas cunha cota especial de 30 euros (para estudantes e parados).
Máis información e inscricións: congresosaludambiental@gmail.com
Esta iniciativa forma parte do Programa Galego Municipios Saudables e Sostibles 2000-2012, que tras o seu periplo itinerante pola xeografía galega desde o seu inicio no ano 2000 contou coa participación de 4.701 ambientalistas, 253 concellos (248 galegos, 1 asturiano, 2 leoneses e 2 portugueses) e 5 entidades locais e rexionais portuguesas nos 49 Cursos de Saúde Ambiental realizados. Con motivo de conmemorar a 50ª edición terá lugar este congreso de especial relevancia e significación, que ten como obxectivo prioritario contribuír ao desenvolvemento sustentable, protexer e conservar o medio ambiente e con isto mellorar as condicións de vida urbana e a saúde dos nosos concidadáns, ademais de contribuír á posta en valor e á difusión do patrimonio natural da nosa querida terra e intensificar a cooperación entre Galicia e Portugal neste ámbito.
Máis información e inscricións en: http://egap.xunta.es/fichanova/id/1305
18-04-2012 | 0 comentarios.
III CURSO DE SUPERVIVENCIA NO MEDIO NATURAL
http://fundacionortegalia.blogspot.com.es/2012/04/iii-curso-de-supervivencia-en-el-medio.html
Contido: Construción de refuxios, lume con medios naturais, simulacións de caza e pesca, limpeza-esfolo de animais, curtido de peles, cociña sen utensilios, prácticas afumado, construción de útiles, obtención de auga, recoñecemento botánico e recolección, sinais de emerxencia, prácticas de desprazamento...
Lugar: Ortigueira.Organizador: Fundación Ortegalia.
Data de inscrición: Finaliza o día 04/05/2012
Data de inicio: 11/05/2012
Data de fin: 13/05/2012
18-04-2012 | 0 comentarios.
XORNADAS POR UN MEDIO RURAL GALEGO VIVO
http://www.fruga-galiza.org/2012/04/02/xornadas-por-un-medio-rural-galego-vivo/
Contido: - Políticas de desenvolvemento rural. - Un medio rural multifuncional e sustentable. - Diversas experiencias de desenvolvemento rural.
Lugar: Poio e Pontevedra.
Organizador: Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, FRUGA, CIG, ADEGA
Data de inscrición: Inscrición gratuíta no enderezo electrónico: alianza.rural.galega@gmail.com
Data de inicio: 20/04/2012
Data de fin: 21/04/2012
18-04-2012 | 0 comentarios.
O mércores 25 de abril de 2012 terá lugar no Castelo de Santa Cruz (Oleiros), o I Foro de Sustentabilidade nas Administracións Locais: Experiencias de Referencia en Educación Ambiental e Desenvolvemento Sustentable, organizado polo CEIDA en colaboración coa Deputación da Coruña.
O foro pretende crear un punto de encontro para todas as administracións locais e favorecer a posta en valor das experiencias de sustentabilidade desenvoltas tanto polos concellos como por entidades sen ánimo de lucro, organizacións supramuniciais, etc., creando un escaparate de boas prácticas baseadas nunha xestión ambiental sostible.A entrada é de balde, previa inscrición.
Máis información:http://www.ceida.org/formacion/i-foro-sustentabilidade-nas-administracions-locais.html
Área de Información e ComunicaciónCEIDA – Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de GaliciaCastelo de Santa Cruz, s/n 15179 – Liáns-Oleiros(A Coruña) Telf. 981630618 difusion@ceida.org || www.ceida.org
11-04-2012 | 0 comentarios.
(DOG, XOVES 15 DE MARZO DO 2012, Nº 53, PÁX. 9305)
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120315/AnuncioO150-080312-13188_gl.pdf
Contido: - Directrices de ordenación do territorio (DOT) e Plan de Ordenación do Litoral (DOT). - Avaliación de impacto ambiental. Recomendacións na tramitación administrativa da avaliación ambiental de proxectos. - Guía de estudos de impacto e integración paisaxística. Catálogos de paisaxe e directrices de paisaxe. - Ferramentas de xestión dixital para a representación e o deseño gráfico, aplicadas a proxectos de paisaxe.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP) - Santiago de Compostela.
Organizador: EGAP.
Data de inscrición: O prazo finalizará o xoves 22 de marzo de 2012.
Data de inicio: 26/03/2012
Data de fin: 27/03/2012
16-03-2012 | 0 comentarios.
V CONGRESO CLMNTK E OS PREMIOS CLIMÁNTICA
http://climantica.org/climanticaFront/gl/entry/20120309
Destinatarios: Estudantes de Educación Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos e Universidade
Obxecto: Co obxectivo de sensibilizar sobre o problema do cambio climático e promover actitudes máis sostibles co medio ambiente, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en colaboración coas Consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e de Traballo e Benestar, convoca o V Congreso CLMNTK e os Premios Climántica para estudantes de Educación Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos e Universidade. Poderán participar todos os estudantes matriculados nun centro educativo no curso 2011-2012, e o prazo de presentación de traballos queda aberto dende a data de comunicación na web de Climántica ata o 31 de maio do 2012. Esta quinta edición vaise a desenvolver de xeito virtual, e por tanto os traballos terán que ser inseridos na páxina web do congreso antes das 24 horas do último día de maio. Dentro do apartado Como participar atópanse titorías con todos os pasos a seguir para cargar os traballos na plataforma.Convoca: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e as Consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e de Traballo e Benestar.
Prazo: Ata o 31 de maio do 2012.
16-03-2012 | 0 comentarios.
© 2008 rede galega de concellos pola sostibilidade