A creación Banco de Experiencias en Sostibilidade Local é unha acción básica da posta en funcionamento da Rede Galega de Concellos pola Sostibilidade, por considerar que ha de ser un apoio importante para na implementación de prácticas sostibles por parte dos concellos adheridos á Rede ou de calquera outra entidade.
Entre os obxectivos do Banco de Experiencias en Sostibilidade Local atópanse:
O Banco de Experiencias é un instrumento de divulgación de iniciativas sostibles exitosas así como un espazo de cooperación interactivo a través do cal os diversos actores implicados ou interesados na sostibilidade poidan compartir impresións e experiencias. Polo tanto, articúlase este Banco non como unha mera compilación de dato e accións, senón como un espazo activo e aberto de participación e comuniciación social. Esta característica de participación farase efectiva en canto a páxina web da Rede Galega de Concellos pola Sostibilidade estea operativa.
O Banco de Experiencias que se presenta recolle actuacións implementadas tanto por entidades públicas como privadas no eido do desenvolvemento sostible local. Na súa elaboración e realización incorpóranse estratexias de participación cidadán, de integración social, de desenvolvemento económico, de planeamento urbanístico, de xestión dos recursos naturais, de aforro enerxético, etc, elementos todos eles articulantes de sostibilidade.
O principal criterio aplicado na selección das prácticas recollidas foi a súa transferibilidade á realidade galega, sexa pola similitude dos ámbitos e a súa capacidade de execución, dos problemas e das potencialidades. A súa clasificación faise segundo o tema principal da acción, se ben todas elas son transversais a varias características de sostibilidade.
© 2008 rede galega de concellos pola sostibilidade