Destinatarios: Con carácter xeral, poderán ser beneficiarios das subvencións que se regulan na presente orde as pequenas e medianas empresas (pemes) que, cumprindo o establecido neste artigo, teñan o seu domicilio social ou algún dos seus centros no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e sexa neste mesmo ámbito territorial no que desenvolvan ou materialicen o proxecto ou actuación obxecto da subvención.
Obxecto: Esta orde ten por obxecto regular a concesión, polo procedemento de concorrencia competitiva, e facer publica para o ano 2012 a convocatoria de subvencións para o financiamento de actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental.
Convoca: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Xunta de Galicia.
Prazo: Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG.
Destinatarios: Centros públicos de I+D+i, as universidades públicas, os organismos públicos de investigación recoñecidos como tales pola Lei 13/1986, do 14 de abril, de Fomento e Coordinación Xeral da Investigación Científica e Técnica, os centros de I+D+i con personalidade xurídica propia e diferenciada vinculados ou dependentes da Administración Xeral do Estado, e os centros de I+D+i vinculados ou dependentes de administracións públicas territoriais, independentemente da súa personalidade xurídica, así como as entidades públicas con capacidade e actividade demostrada en accións de I+D+i, incluídos os centros tecnolóxicos cuxa propiedade e xestión sexan maioritariamente das Administracións Públicas.
Obxecto: Subvencións para a realización de proxectos de investigación científica no marco do Plan Nacional I+D+i para o ano 2012.
Convoca: Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
Prazo: Finalizará o día 21 de maio ás 15:00 horas (peninsular).
http://ec.europa.eu/research/participants/portal/page/cooperation?callIdentifier=FP7-ENERGY-2012-2
Destinatarios: Entidades legalmente constituídas.
Obxecto: A Convocatoria de Propostas sobre Enerxía (Parte 2) desenvolve o obxectivo xeral do Sétimo Programa Marco (FP7) no ámbito da enerxía. Esta temática, tal como sinala o Programa de Traballo do Programa Cooperación - Enerxía, ten por obxectivo adaptar o sistema enerxético actual nun novo sistema que sexa máis sostible, menos dependente de combustibles importados e baseados nun mix de fontes de enerxía máis variado, fundamentalmente no que se refire ás enerxías renovables, vectores enerxéticos e fontes non contaminantes.
Convoca: Comisión Europea.
Prazo: 8 de marzo de 2012.
DOG nº 21, 31|01|2012 - ORDE do 25 de xaneiro de 2012 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2012.
La Fundación Conama (Congreso Nacional del Medio Ambiente) y la Fundación EOI otorgan 3 becas para cursar el Master Profesional en Ingeniería y Gestión Medioambiental, con el fin de formar profesionales interesados en profundizar y trabajar en el sector medioambiental.
Pincha aquí para consultar las bases de esta convocatoria.
+ INFO: http://ec.europa.eu/research/participants/portal/page/cooperation?callIdentifier=FP7-ENV-2012-two-stage
Destinatarios: Consultar no sitio web.
Obxecto: Promover a xestión sostible do medio natural e humano así como dos seus recursos, mediante a mellora do coñecemento das interaccións entre a biosfera, os ecosistemas e as actividades humanas. Preténdese ademais o desenvolvemento de novas tecnoloxías, ferramentas e servizos, co obxectivo de abordar de forma integrada os problemas ambientais globais. Darase neste ámbito unha especial énfase ás cuestións relacionadas coa predición dos cambios climáticos, ecolóxicos, cambios na terra e os océanos, así como ao desenvolvemento de ferramentas e tecnoloxías para o seguimento, prevención e mitigación das presións e riscos sobre o medio, incluíndo os riscos para a saúde, e para a sostibilidade do medio ambiente.
Convoca: Comisión Europea.
Prazo: Ata o 20 de octubre de 2011.
+ INFO: http://ec.europa.eu/research/participants/portal/page/cooperation?callIdentifier=FP7-ENV-2012-one-stage
Destinatarios: Consultar no sitio web.
Obxecto: Promover a xestión sostible do medio natural e humano así como dos seus recursos, mediante a mellora do coñecemento das interaccións entre a biosfera, os ecosistemas e as actividades humanas. Preténdese ademais o desenvolvemento de novas tecnoloxías, ferramentas e servizos, co obxectivo de abordar de forma integrada os problemas ambientais globais. Darase neste ámbito unha especial énfase ás cuestións relacionadas coa predición dos cambios climáticos, ecolóxicos, cambios na terra e os océanos, así como ao desenvolvemento de ferramentas e tecnoloxías para o seguimento, prevención e mitigación das presións e riscos sobre o medio, incluíndo os riscos para a saúde, e para a sostibilidade do medio ambiente.
Convoca: Comisión Europea.
Prazo: Ata o 20 de octubre de 2011
© 2008 rede galega de concellos pola sostibilidade