É imprescindible para as Entidades Locais incluir o concepto de sostenibilidade nas súas políticas. Primeiro porque a sostenibilidade fortalece a economía local, mellora e protexe a calidade do medio ambiente e aumenta a calidade de vida e o benestar da comunidade.
As comunidades sostibles satisfacen as súas necesidades sen comprometer a outras especies ou a xeneracións futuras. Nos concellos tómanse diariamente decisións que afectan á sostenibilidade da súa comunidade e da terra. Isto é polo cál líderes políticos en todo o mundo incluiron dentro das súas políticas a Axenda 21, o plan de acción global asinado na Carta da Terra (Río de Janeiro, 1992). Que unha comunidade sexa sostible significa integrar desenvolvemento económico, social e medioambiental. Todo isto é imposible de conseguir sen a implicación directa dos gobernos locais. Construir comunidades sostibles require unha aproximación proactiva, localizada e altamente participativa que depende do limpulso das Entidades Locais.
© 2008 rede galega de concellos pola sostibilidade